Amosando publicacións coa etiqueta QUEN SOMOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta QUEN SOMOS. Amosar todas as publicacións

xoves

QUEN SOMOS

Somos un grupo de profesionais que traballamos nun microproxecto dentro do macroproxecto REDES.
Non se trata dunha investigación de persoal experto da Universidade, senón unha investigación educativa que parte da idea de investigar a violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia.
Búscase un carácter transformador da investigación socio-educativa con procesos de investigación e prácticas sociais e educativas máis democráticas e deliberativas.
Así o equipo o compoñen diferentes persoas que traballan e investigan en ámbitos diversos: igualdade, mocidade e infancia, educación, orientación, socioloxía, psicoloxía,...
A investigación conta coa colaboración da Universidade de Vigo, Deputación  e Concello de Pontevedra.